As redes sociais constitúen na actualidade un medio de información directo e sinxelo onde medios de comunicación, administracións públicas, particulares, corporacións privadas, organizacións e movementos sociais comparten un gran volume de contidos, creando influencia social e opinión.
Neste contexto dixital no que vivimos hoxe en día, a información sobre saúde mental debe ofrecerse coa responsabilidade e o respecto que todas as persoas merecen, atendendo a valores de integridade, dignidade e defensa de dereitos.
A inmediatez que requiren as redes sociais ás veces comporta publicar información que en ocasións é incorrecta ou non está contrastada. Aínda que a xestión dunha rede social esixa un elevado número de publicacións ao día é importante que os medios de comunicación sexan rigorosos á hora de emitir información sobre saúde mental.
A falta de espazo pode provocar en certos momentos titulares sensacionalistas ou non axustados á realidade. A pesar deste esforzo de síntese que as redes sociais requiren, é importante que a selección de termos non estigmatice nin falte ao respecto ás persoas que se sentan aludidas.
A alta porcentaxe de interacción fai que un titular que puidese ser estigmatizante produza un efecto fervenza de comentarios negativos que contribúan a unha percepción errónea das persoas con problemas de saúde mental. É fundamental que os medios sexan conscientes da súa capacidade para crear etiquetas que a sociedade pode repetir contribuíndo a perpetuar estereotipos.
Nun marco de liberdade de expresión incuestionable é necesario ter en conta que a linguaxe pode ofender, pero tamén pode dignificar e educar positivamente.
Desta maneira, cremos que esta información debe facerse de forma humana e cun ton informal, próximo, dialogante, sinxelo e directo.
Así, ante insultos e ataques utilizando acusacións como “esquizofrénico”, “bipolar”, “deberían encerrarche por tolo”, “trastornado” etc. planteamos unha linguaxe conciliadora, situándonos no lugar destas persoas que poden sufrir ao ler estas expresións e sentirse aludidas.
Fronte a actitudes paternalistas, infantilizadoras, lastimeras, culpabilizadoras, morbosas e compasivas apostamos por apoio, madurez, autonomía, comprensión, entendemento, superación e confianza nas persoas.
Os problemas de saúde mental poden comportar sufrimento, tristeza e dor tanto á persoa que o vive como aos seus familiares e persoas achegadas. Non ten por que ser sempre así ou pode ser só unha fase, e ademais pode chegar a ser unha fonte de aprendizaxe. Por iso, sendo necesario mostrar unha realidade social que afecta a tantas persoas, podemos achegar luz con testemuños reais de recuperación, esperanza, visibilizando logros e éxitos de persoas que pasaron polo mesmo.
Existe un amplo movemento asociativo en saúde mental, agrupado na Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA, pero non é o único. Hai unha gran diversidade de contas de particulares, colectivos en primeira persoa, agrupacións e sociedades científicas onde poder recuperar unha pluralidade de ideas e opinións neste ámbito.
PARA
TELO
CLARO…
PROPOSTA DE LINGUAXE E CONTIDOS EN RRSS:
- Apoia a causa e ás persoas, sen dramatizar nin provocar paternalismo.
- Escribe con sensibilidade, evitando mágoa e compaixón.
- Contidos reais, pero non morbosos.
- Linguaxe esperanzadora, non mostrando só dor e pena.
- Testemuños reais en primeira persoa, non só familias e profesionais da saúde mental.
- Fala de persoas con problemas de #SaludMental, socios/as, activistas… evitando termos como “mozos/as”, “rapaces/as”, “usuarios/as”, “enfermos/as” e “afectados/as”.
XA SEGUES Á CONFEDERACIÓN SALUD MENTAL ESPAÑA NAS REDES SOCIAIS?