

Persoa con problemas de saúde mental. Persoa con trastorno mental.
Persoa con/que ten esquizofrenia, depresión, trastorno bipolar…
Centro de saúde mental / centro de día / centro de rehabilitación.
Ingreso hospitalario en…
Empregar imaxes non estigmatizantes, que reflictan a saúde mental en positivo.
Enfermo/a mental, trastornado/a, perturbado/a, tola/o, psicópata.
Esquizofrénico/a, depresivo/a, anoréxico/a, maníaco/a, psicótico/a.
Manicomio, psiquiátrico.
Reclusión, internamento, encerro…
Imaxes nas que as persoas aparecen en actitudes pasivas, sen ningún tipo de interacción social, que transmiten soidade, illamento, medo, angustia, desesperación e desequilibrio.

MITO:
“As persoas con problemas de saúde mental non poden convivir co resto”.
REALIDADE:
En absoluto, ter un problema de saúde mental non impide levar unha vida normalizada nin estar plenamente integrado na sociedade. Todas as persoas podemos ter algún problema de saúde mental nalgún momento das nosas vidas e se nos afastan da nosa familia e amizades, iso só pode empeorar o noso sufrimento.

O CONTIDO: Voces, temas e enfoques


Facer fincapé nas capacidades das persoas cun trastorno mental (relacións laborais, sociais, convivencia familiar, proxectos, persoas etc).
Mencionar os problemas de saúde mental na noticia só cando sexa necesario para entender correctamente o feito.
En noticias relacionadas con sucesos violentos, limitarse a describir os feitos directamente observables sen destacar o problema de saúde mental e, menos aínda, facelo como único factor.
Coidar a linguaxe empregada nas noticias, sen frivolizar sobre os problemas de saúde mental.
Aplicar a perspectiva de xénero e tratar temas que afectan directamente as mulleres con problemas de saúde mental.
Sinalar a falta de recursos e o dereito das persoas con trastornos mentais a recibir unha atención adecuada.
Incluír só noticias sobre saúde mental en relación a problemas e actos violentos.
Mencionar os problemas de saúde mental cando estes non son relevantes para a correcta comprensión da noticia.
Omitir información ou proporcionar información subxectiva que perpetúe falsos vínculos entre trastorno mental e condutas violentas.
Empregar expresións relacionadas coa saúde mental fóra de contexto.
Caer en estereotipos de xénero sen ter en conta a desigualdade existente entre homes e mulleres no ámbito da saúde mental.
Dar por feito que o trastorno mental é incurable, obviando a existencia de recursos que favorecen a recuperación.