SALUD MENTAL ESPAÑA é a Confederación estatal que agrupa as principais asociacións españolas de persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.. Constituíuse en 1983, hai máis de 35 anos, con arranxo á Lei de Asociacións do 24 de decembro de 1964.
Esta Confederación conta con 19 entidades autonómicas (federacións e asociacións uniprovinciais) coas que suma máis de 300 entidades distribuídas por toda España e nas que se agrupan máis de 47.000 persoas asociadas.
SALUD MENTAL ESPAÑA é unha organización social, de utilidade pública e sen ánimo de lucro.
QUE FACEMOS?
A nosa misión é adoptar todas as medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con trastornos mentais e a das súas familias, defender os seus dereitos e representar ao movemento asociativo creado en torno á saúde mental.
Para alcanzar os seus obxectivos, a Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA conta cun equipo técnico multidisciplinar das ramas do traballo social, as ciencias económicas, o xornalismo, a documentación, o dereito, as ciencias do traballo, a xestión e a administración.
Recoñecémonos como un movemento de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. Estimulamos a través de todas as nosas actuacións o modelo de atención ao trastorno mental de base comunitaria e temos unha visión clara: a normalización dos problemas de saúde mental.
MITO:
Os medios de comunicación non deben falar do suicidio para evitar o “efecto chamada” ou “efecto Werther”.
REALIDADE:
A publicación de información responsable e adecuada por parte dos medios é fundamental e pode axudar a previr o suicidio (“efecto Papageno”).
NECESITAS ASESORAMENTO EN COMUNICACIÓN?
Para calquera dúbida, consulta, aclaración ou asesoramento, xornalistas e medios de comunicación poden dirixirse á Área de Comunicación de SALUD MENTAL ESPAÑA a través do correo electrónico: comunicacion@consaludmental.org e no 91 507 92 48.
RECURSOS DISPOÑIBLES
A través da web www.consaludmental.org,as e os profesionais da comunicación poden consultar información de interese como as fichas “Con Naturalidad” ” (dirixidas aos medios e que tratan distintos aspectos dos problemas de saúde mental) ou o “Informe sobre el estado de los derechos humanos de las personas con trastornos mentales en España” que a Confederación edita cada ano, entre outros moitos recursos.