Exemplos de campañas: Boas prácticas

“NO TE HAGAS EL LOCO”

Campaña de Mediaset España en colaboración con SALUD MENTAL ESPAÑA con motivo do Día Mundial da Saúde Mental de 2018, para sensibilizar e concienciar a toda a sociedade sobre a importancia de visibilizar a saúde mental.

“TU TOQUE ESPECIAL”

Esta campaña de AGIFES vai dirixida a esas persoas que dan un toque único e especial á vida; que poñen agarimo ao que fan e que comparten a súa sensibilidade e afecto coas outras persoas que lles rodean. A todas as que nos acompañan e nos abren portas. E, en especial, a quen coa súa confianza, proximidade e agarimo, impulsa a recuperación e a inclusión social e laboral das persoas con problemas de saúde mental.

“MIS SECRETOS SON ROSAS”

Unha acción de rúa coa que a asociación cordobesa ASAENEC busca remover a conciencia colectiva e limpala dos prexuízos e estigmas que sofren día a día as persoas con problemas de saúde mental.

“RADIO GAGA”

O primeiro capítulo do programa Radio Gaga da canle #0 tivo como protagonistas a persoas con problemas de saúde mental dunha residencia da asociación ALFAEM en León, un programa sen prexuízos e cunha visión positiva da saúde mental.

“CAMPAÑA ‘PARLA OBERTAMENT”

Esta campaña da entidade catalá Obertament ten como obxectivo visibilizar e sensibilizar á poboación sobre o estigma que existe nos problemas de saúde mental e romper as barreiras ás que se enfrontan as persoas que teñen algún trastorno deste tipo.

“ASK TWICE”

Campaña da iniciativa Time to Change que anima ás persoas a preguntar dúas veces se cremos que a alguén lle pasa algo, xa que moitas veces dicimos que “estamos ben” cando non é así.

“THE POWER OF OK”

See Me Scotland’s puxo en marcha esta iniciativa para sensibilizar nos centros de traballo e fomentar o apoio e o compañeirismo cara ás persoas empregadas con problemas de saúde mental, eliminando o estigma.