No mundo

* Datos ofrecidos pola Organización Mundial da Saúde

Os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo en 2030.

1 DE CADA 4
persoas terá un trastorno mental ao longo da súa vida.

O 12,5%
de todos os problemas de saúde está representado polos trastornos mentais, unha cifra maior á do cancro e os problemas cardiovasculares.

UN 1%
da poboación mundial desenvolverá algunha forma de esquizofrenia ao longo da súa vida.

0 50%
dos problemas de saúde mental en adultos comezan antes dos 15 anos, e o 75 % antes dos 18.

ENTRE O 35% E O 50%
non recibe ningún tratamento ou non é o adecuado.

450 MILLÓNS
de persoas en todo o mundo vense afectadas por un problema de saúde mental que dificulta gravemente a súa vida.

MÁIS DE 300 MILLÓNS
de persoas no mundo viven con depresión, un problema de saúde mental que aumentou un 18,4 % entre 2005 e 2015.

UNHAS  800.000
persoas suicídanse cada ano, sendo a segunda causa de morte en persoas de entre 15 a 29 anos.

En España

1 de cada 4 persoas ten ou terá un problema de saúde mental ao longo da súa vida.

O 6,7%
da poboación de España está afectada por ansiedade, exactamente a mesma cifra de persoas con depresión. En ambos casos, é máis do dobre en mulleres (9,2 %) que en homes (4 %)1

ENTRE O 2,5% E O 3%
da poboación adulta ten un trastorno mental grave. Isto supón máis dun millón de persoas.2

2 MILLÓNS
de mozos de entre 15 e 29 anos (30 %) sufriron síntomas de trastorno mental no último ano.3

O 9%
da poboación ten algún tipo de problema de saúde mental e un 25 % terao nalgún momento ao longo da súa vida, segundo a OMS.

0 88%
dos labores de atención e apoio realízanas coidadores informais (familia, amigos etc.).

MÁIS DA METADE
das persoas con trastorno mental que necesitan tratamento non o reciben, e unha porcentaxe significativa non recibe o adecuado.

ENTRE O 11% E O 27%
dos problemas de saúde mental poden atribuírse ás condicións de traballo.4

8 DE CADA 10
persoas con problemas de saúde mental están desempregadas (82 %).5