As palabras si importan.
GUÍA DE ESTILO SOBRE SAÚDE MENTAL PARA MEDIOS DE COMUNICACIÓN
"Estamos aquí porque cada vida é diferente. Porque non todo o mundo puido desenvolverse na confianza e na seguridade necesarias para conseguir unha boa saúde mental. Estamos aquí, en definitiva, porque é importante que todos axudemos a cambiar a percepción social sobre os trastornos mentais.
Ninguén debería sentirse culpable de sufrir un trastorno mental. E hai xeitos de recuperar a esperanza. Ese é o esforzo incansable que debemos seguir facendo e o compromiso que hoxe adquirimos convosco.
Grazas aos que nos ofrecestes a vosa historia. Grazas ás institucións, asociacións e administracións que apoiades de tantas maneiras para tratar de que todos os cidadáns sintan que teñen unha oportunidade".
(Palabras da súa Maxestade a Raíña Dona Letizia no acto conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental celebrado no Congreso dos Deputados o día 9 de outubro de 2018)